O censo electoral de Narón, para as vindeiras eleccións xerais do 23 de xullo de 2023, permanecerá a exposición pública dende este luns día 5 ata o 12 de xuño (ambos inclusive) no Concello, tal e como indicou a concelleira de Estatística, Mar Gómez. A consulta pode realizarse nas oficinas do Negociado de Estatística do Concello –na planta baixa, en horario de 8.30 a 13.00-, na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estadística e na delegación provincial do INE, na Coruña. Durante o periodo indicado poderán consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, realizar reclamacións ao censo.
Así mesmo, habilitáronse uns teléfonos de contacto e horario do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e tamén o número de fax: 981 206 235.