Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá martes día 6 á parroquia de Sedes – Narón. O vehículo permanecerá estacionado fronte ao local social municipal da AVV “Rosa dos Ventos”, donde estará operativo en horario de 10.00 a 14.00 horas, tal e como avanzaron dende ADOS.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.