Estes día estase a aplicar un innovador tratamento aos plataneiros da Alameda de Ordes. Con isto preténdese erradicar as enfermidades e a deterioración nalgúns exemplares producidas polo musgo e os fungos. Os xardineiros municipais están a aplicarlle un funxicida especial composto por cobre vermello. Unha medida coa que se evitará tamén o contaxio a outras árbores tanto da Alameda como dos parques contiguos.