Friday 22 de November de 2024

O magosto máis creativo vívese este ano no CEIP Castelao


Os nenos e nenas do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao desfrutaron da tradición do magosto grazas á colaboración mantida entre a dirección do centro e a ANPA. O patio do colexio foi ocupado hoxe polo castañeiro Benito e a súa inconfundible locomotora metálica, de onde non parou de sacar deliciosas castañas asadas durante toda a mañá. Os máis cativos e cativas tamén se divertiron con multitude de xogos temáticos, que o bo tempo permitiu que se levaran a cabo no patio exterior. Aínda houbo máis, xa que un dos corredores principais do centro escolar acolle estes días unha impresionante mostra de traballos artísticos e manuais conxuntamente entre pais, nais e o alumnado.