Friday 22 de November de 2024

Ortigueira renova os sinais de benvida ao municipio, que xa lucirán o logotipo do Xeoparque Cabo Ortegal


• O deseño dos novos elementos está acordado entre todos os membros do Xeoparque, co obxectivo de manter unha identidade visual conxunta

• Cada un dos municipios terá un distintivo propio, que no caso de Ortigueira será o banco de Loiba

O Concello de Ortigueira vén de instalar os novos sinais de benvida ao municipio, que xa lucirán o logotipo do Xeoparque Cabo Ortegal.

O deseño dos novos elementos está acordado entre todos os membros do Xeoparque, co obxectivo de manter unha identidade visual conxunta.

Os sinais incluirán un distintivo propio en cada un dos municipios, que no caso do concello ortigueirés será o banco de Loiba, un dos principais atractivos turísticos da localidade.

Desde o executivo local esperaron a que se formalizase o nomeamento do Xeoparque para empezar a realizar esta renovación da sinalización, e que desta forma todos os veciños e visitantes xa poidan acceder á localidade sabendo que están a entrar nun municipio pertencente ao Xeoparque Cabo Ortegal.