Máis de sesenta maiores participaron nun magosto gratuíto no Centro de Día de Lousame, no que tomaron parte non só os usuarios do centro e os seus familiares, senón tamén os alumnos e alumnas dos Obradoiros da Memoria. Unha festa que contou coa presenza da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, que agradeceron a gran participación rexistrada neste magosto.
Os maiores comezaron a festa degustando un bo feixe de castañas, acompañadas por distintos refrescos. O salón de actos do centro de día quedou pequeno cando chegou a hora da actuación musical, que este ano correu a cargo da Banda de Música de Lousame.