Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de xuño que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.
Este mes organizaranse concurso de fotografía, obradoiro de cociña, torneo de Beat Saber, curso de monitor/a de comedor escolar, paddlesurf, kaiak, obradoiro de cociña de catering,… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.