A primeira actuación terá lugar o vindeiro luns 5 de xuño, ás 20:00 horas, no centro da aldea de Fruíme
A Aula de Lousame da UNED Sénior, o grupo O Son do Pote e o Concello de Lousame organizan cinco concertos gratuítos de música tradicional polas parroquias lousamiás durante o mes de xuño. Unhas actuacións que arrincarán este luns 5 de xuño, ás 20:00 horas, no centro da aldea de Fruíme.
As actuacións terán lugar ás 20:00 horas, nas distintas parroquias de Lousame. Tras a actuación en Fruíme, as seguintes citas terán lugar no centro das aldeas de Lesende (luns 12), Vilacova (mércores 21) e San Xusto (luns 26), para rematar na Igrexa de Tállara o xoves 29 de xuño. A entrada é libre e de balde.