A actuación forma parte do Programa da Rede Cultural de Transición Xusta Dinamiz-ARTj
O salón de actos da Escola laica acollerá este venres 2 de xuño, ás 20 horas, a actuación do pianista Pablo García – Berlanga, un evento que forma parte do Programa da Rede Cultural de Transición Xusta Dinamiz-ARTj, peomociso polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).
O pianista, sobriño – neto do cineasta Luís García – Berlanga, destacou que este recital supúxolle “o reencontro co cinema de Berlanga a través da súa música, un proceso intenso e emocionante polos lazos de unión familiares e os recordos do seu tío”.
O concerto, cunha duración aproximada dunha hora e 20 minutos, é de entrada gratuíta até completar o aforo.