Friday 22 de November de 2024

A Cámara de Comercio de Santiago organizou este xoves 25 e venres 26 de maio o evento International Rural Creative Jam Hackthon


No marco do proxecto RuYou cofinanciado polo CERV, máis de 50 xóvenes de varios países reuníronse durante dous días co obxectivo de impulsar o desenvolvemento sostible no noso rural.

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como socia do proxecto europeo RuYou, levou a cabo o evento International Rural Creative Jam Hackathon no espazo multidisciplinar da Estación de Vedra-Ribadulla. Ao longo destes dous días, máis de 50 xóvenes de entre 16 e 30 anos de catro países distintos reuníronse co obxectivo de traballar na creación de prototipos innovadores, poñendo a proba a súa creatividade co foco posto no futuro de Europa e no desenvolvemento do rural. O proxecto cofinanciado pola CERV e liderado pola Asociación Amicos de Boiro, contou coa participación de socios como a Fundación Galicia Europa, LugOpen Factory, a rexión da Tramuntana de Malta, Eurocidades Chaves-Verín e a Universidade de Arad de Romanía.

Logo de presentar as súas creacións ante un xurado de expertos, a idea gañadora consistiu nunha cápsula sanitaria que pretendía dar atención médica aos habitantes do rural de xeito autónomo, a través dunha medición das súas constantes vitais e outros parámetros. Ademais, un segundo premio foi outorgado a unha proposta relacionada co cambio climático, a cal propoñía a creación dun filtro vexetal composto por algas para a filtración do CO2 emitido polas plantas industriais situadas no rural. Os premiados recibiron unha serie de dispositivos electrónicos así como unha mentorización e a posibilidade de asinarse ao curso TecEuropa, ambos propostos pola Fundación Galicia Europa.

Ao encontro asistiron Manuel Costa, tenente alcalde e concelleiro de Educación e Turismo do concello de Vedra, Xoán Santiago España presidente da Asociación Amicos, e Rosa Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, que estiveron presentes tanto na inauguración como na entrega de premios.