O novo recinto estará situado no parte posterior do polideportivo municipal do barrio, onde se instalarán diversas estructuras para o adestramento e o exercicio ao aire libre
O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Infraestruturas, ten previsto iniciar nas vindeiras semanas os traballos para crear a primeira área deportiva de calistenia no Barrio das Flores, que estará operativa no mes de xullo.
As obras levaranse a cabo na zona axardinada situada na parte posterior ao polideportivomunicipal do barrio, onde se aproveitará a superficie para habilitar un novo recinto destinado á práctica deportiva ao aire libre, nun espazo de 104 metros cadrados.
A área de calistenia do Barrio das Flores estará disposta sobre un pavimento de area, noque se instalarán diversas estruturas e circuítos de adestramento como barras de anillas,elevacións en forma de serpe, un banco de abdominais recto e outro inclinado, paralelas americanas, barras de elevacións, unha parede sueca, un sector de flexións en triple francesa e unha monkey-bar.
A este respecto, e ao igual que nas áreas de calistenia abertas anteriormente polo Gobernomunicipal na contorna da praia de Oza e a rúa Alcalde Jaime Hervada, no Ventorrillo, disporanse paneis informativos para orientar ás persoas usuarias sobre os respectivos usos das estruturas deportivas.
O recinto estará acoutado por travesas de madeira e, ademais, no contexto da intervención, os servizos municipais de Infraestruturas e Medio Ambiente levarán a cabo unha actuación conxunta para dotar á contorna de novo mobiliario urbano, con máis bancos para o lecer da veciñanza, e o acondicionamento das áreas verdes lindeiras.