“Alédanos obter uns cen votos máis que hai catros anos, aínda que somos conscientes de que temos que facer unha reflexión sobre a nosa liña de traballo, para que as nosas propostas cheguen á cidadanía e acadar así o seu apoio”
O BNG de Arteixo acadou nos comicios deste domingo 1.514 votos, “máis de cen votos que hai catro anos, algo que nos aleda e agradecemos a confianza depositada en nós”, afirma o candidato da formación nacionalista, Xurxo Couto. “Tócanos estar na oposición e desde este lugar seguiremos a traballar a reo, fiscalizando ao goberno local e facendo propostas, para mellorar a vida da veciñanza de Arteixo”.
“Aínda que aumentamos o número de votos, somos conscientes de que temos que facer unha reflexión”, apunta Couto. O que será concelleiro subliña que toca pensar na “liña de traballo” do BNG, así como a maneira de ser capaces de “reflectir as necesidades da cidadanía e lograr tamén que as nosas propostas lles cheguen para acadar así o seu apoio”.
Xunto a Xurxo Couto, será concelleiro do BNG en Arteixo, Raúl Fernández. “Raúl e máis eu seguiremos a reclamar melloras para a veciñanza desde o Concello. Xunto a nós, na formación local, estará un equipo incríbel que se deixou a pel nesta campaña e continuará co mesmo afán neste mandato e non podo estar máis agradecido por elo”, conclúe Couto.