ARGUMENTA QUE O ALCALDE NON TEN ELEMENTOS PARA NEGAR O USO DO MEDIO DE COMUNICACIÓN PÚBLICO PARA QUE Os VECIÑOS COÑEZAN As PROPOSTAS DAS DISTINTAS FORMACIÓNS POLÍTICAS QUE CONCORREN Ás ELECCIÓNS DO DOMINGO, 28 DE MAIO
A candidata do Partido Popular, Loli Silva, móstrase convencida que o debate se celebrará.
“O alcalde non ten escusa para non permitir dar voz ás outras forzas políticas do concello. En caso contrario, estaría a facer un uso partidista dun medio de comunicación que é de todos. Tristemente non sería unha novidade, pero confiamos que esta vez responda favorablemente ao meu reto.” Ademais, con relación aos tempos da campaña, a candidata aclara: “e que non se preocupe o alcalde: temos tempo. Desde hoxe ata o peche de campaña hai moitas horas por diante como para poder organizar un debate. E eu estou preparada.”
O Partido Popular sostén que en Radio Oleiros só ten a palabra o alcalde, ou o que pensa como o alcalde ou milita no seu partido. Ata o de agora, as propostas e mocións levadas o Pleno neste sentido atopáronse coa negativa a un uso transparente e plural. Por iso, desde o Partido Popular de Oleiros levamos no noso programa electoral a elección do Director de Comunicación e Radio Oleiros, pola maioría cualificada dos concelleiros.