O PP de Cambre denuncia as “prácticas” realizadas nesta campaña polo alcalde Óscar García Patiño, con denuncia incluída
Durante estes días de campaña, o Partido Popular de Cambre non deixa de sorprenderse pola forma en que se fai e se entende a política polo Alcalde.
Supostamente Patiño dedicouse nestas semanas a utilizar os medios municipais en beneficio propio e da súa formación para obter rédito electoral, como na adxudicación a pasada semana da obra do parque Ramón Barba de O Graxal, no Temple, por 500,00 euros, unha obra polémica e que non conta co apoio dos veciños da zona.
Tamén é moi cuestionable o uso do novo local social de Cela para facer un mitin, un lugar polo que os veciños da parroquia levan 2 anos agardando para poderutilizalo e que, sen ter sido aínda inaugurado, está sendo empregado nestacampaña para dar un mitin do alcalde o 15 de maio, tras ampliar os prazos e todas as escusas dadas de retraso na su posta en funcionamento nestes 2 anos, “Patiño cre que pode utilizar os veciños no seu propio interese”, afirman os populares.
Pero o máis salientable que aconteceu estes días foron as formas en que o alcalde, Patiño, tentou obstaculizar a campaña do Partido Popular de Cambre, denunciando a esta formación por colocar unha pancarta na praza Manuel Murguía do Graxal, alegando que a a praza non figura entre os lugares habilitados para a súa colocación, non obstante, durante 10 días colócanse nesa praza carteis de 5 partidos distintos, entre eles dous carteis dos denunciantes, Unión por Cambre.
“Pode ser que ao alcalde lle incomode que o seu peche de campaña coincida co noso, que se celebra nun local privado da mesma praza, ou que un cartel noso non quede ben na foto do seu acto, pero as normas son o mesmo para todos e esperamos que tamén os cumpra como partido que aspira á alcaldía”, denunciaron os populares.
“Debe ser que a Patiño só lle preocupan os do PP, xa que nós somos os únicos que podemos facerlle perder a alcaldía despois de 8 anos”, afirma a candidata do PP, Diana Piñeiro.