Friday 22 de November de 2024

Rapazada da Pobra afonda na saúde bucodental como antesala ao Día Mundial Sen Tabaco


Como antesala ao Día Mundial Sen Tabaco que se conmemora no 31 de maio, alumnado da primaria da Pobra do Caramiñal asiste a charlas impartidas polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia.

A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo, indica que se promove esta acción un ano máis para concienciar ás novas xeracións sobre a problemática que ocasiona o tabaco na saúde bucodental, ademais dunha alimentación que abuse do consumo de azucre.

Así mesmo, esta actividade enmárcase na campaña Praias sen fume impulsada pola Xunta de Galicia e en cuxa Rede galega figura a praia dos Areos.