Saturday 16 de November de 2024

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este xoves 25 e venres 26 de abril o evento internacional Rural Creative Jam Hackathon


No marco do proxecto RuYou, máis de 50 xóvenes de varios países reuniranse durante dous días co obxectivo utilizar a creatividade e a innovación para fomentar o desenvolvemento e a participación da xuventude no rural.

A Cámara de Comercio organiza o próximo 25 e 26 de maio o evento International Rural Creative Jam Hackathon, que terá lugar no espazo multidisciplinar da Estación de Vedra – Ribadulla. Durante estes dous días, xóvenes de entre 16 e 30 anos de países como Malta, Romanía, Portugal e Galicia, reuniranse co obxectivo de traballar na creación de prototipos e poñendo a proba a súa creatividade co foco posto no futuro de Europa, e máis concretamente no desenvolvemento do rural. Os equipos deberán presentar a súa ideas ante un xurado, de xeito que os mellores recibirán unha serie de premios tecnolóxicos e terán a posibilidade de viaxar a outro evento nun dos países participantes.

Ao encontro asistirán Manuel Costa, tenente alcalde e concelleiro de Educación e Turismo do concello de Vedra, Xoán Santiago España presidente da Asociación Amicos, e Rosa Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela xunto aos restantes socios do proxecto, Fundación Galicia Europa, Lugo Open Factory, Univerdidade de Arad en Romania, Rexión Tramuntana de Malta e Eurocidade Chaves-Verin. Os invitados estarán presentes durante o debate das propostas dos xóvenes.

O programa tamén recolle unha serie de formacións que serán conducidas en inglés relacionadas cos ámbitos da tecnoloxía, a Intelixencia Artificial ou as posibilidades de emprendemento en Europa. Estas serán realizadas por persoas expertas e servirán de base e complemento para a creación dos distintos prototipos.

Este evento forma parte do proxecto europeo RuYou (Rural Youth of Europe) cofinanciado polo programa Cidadáns, Igualdade, Dereito e Valores da Unión Europea, cuxo obxectivo é o de potenciar a colaboración internacional e o emprendemento entre a mocidade europea para construír o novo futuro de Europa. Así, buscase fomentar o intercambio de ideas, poñer a proba a creatividade dos xóvenes e fomentar a súa implicación na sociedade do futuro.