O proxecto aposta por crear na zona un espazo central de equipamentos, que inclúe a demandada superficie comercial e unha biblioteca municipal
O Partido Socialista de Bergondo fará realidade no próximo mandato a súa aposta de crear un espazo central de equipamentos en San Cidre a través da modificación puntual novena das normas subsidiarias, que vai queimando etapas.
Grazas a este proxecto o núcleo de San Cidre vivirá unha evolución que lle permitirá asentar poboación, ao destinarse tres zonas para construír 55 vivendas. Estas residencias, ademais, serán de nova tipoloxía, ao construírse edificios con varias alturas, que terán locais dispoñibles para o seu uso nos baixos.
A maiores, desenvolverase a demandada superficie comercial, necesario para o municipio, e tamén se creará na zona un gran parque verde e unha biblioteca municipal en condicións. Ademais, xestionarase un espazo destinado a aparcamento, faranse cambios a nivel de mobilidade para mellorar a accesibilidade e a circulación e reservaranse 2.659 metros cadrados de espazo libre.