O Partido Popular considera unha manobra máis de García Seoane o proxectar as obras na rúa onde ten situada a súa sede para que leven a cabo durante todo o período de campaña dificultando e impedindo é normal desenvolvemento das actividades.
“En catro anos non houbo aquí ningunha obra e xusto, coincidindo co período de campaña electoral, desde o comezo, día 11, e sen data de finalización, entorpécennos os accesos á nosa sede local e impiden o aparcamento en toda a rúa ” manifestou a Candidata do Partido Popular.
“Pensabamos que ía ser algo puntual cando vimos as primeiras valas pero é indubidable que detrás se esconde unha intencionalidade de obstrución por parte do Alcalde”