Friday 22 de November de 2024

José Luís Fernández Mouriño anuncia novas infraestruturas deportivas para o Concello de Carral


• Entre os proxectos destaca a futura zona de ocio deportivo no centro da vila e a instalación de gradas e acondicionamento do perímetro do campo de fútbol dos Capelos,

• Tamén a rehabilitación das pistas de tenis, a creación dunha zona de lavado para bicicletas e a construción dunha pista multideportiva no centro de Carral.

• Segundo Mouriño, as instalacións deportivas “foron esquecidas polo goberno actual e xa é hora de poñelas á altura dos nosos deportistas e dos nosos veciños”.

Carral, 19 de maio de 2023. José Luis Fernández Mouriño anunciou hoxe a súa intención de recuperar a zona do Spa e a renovación do equipamento do ximnasio, con novas actividades para todas as idades.
Segundo Mouriño, as instalacións deportivas “foron esquecidas polo goberno actual e xa é hora de poñelas á altura dos nosos deportistas e dos nosos veciños”.

Ademais, presentou un dos seus proxectos máis esperados: a futura zona de ocio deportivo no centro da vila a instalación de gradas e acondicionamento do perímetro do campo de fútbol dos Capelos, a rehabilitación das pistas de tenis, a creación dunha zona de lavado para bicicletas e a construción dunha pista multideportiva no centro de Carral.

Mouriño apuntou que instaurará un novo horario para o ximnasio de Carral e para as pistas de padel e estudará a posibilidade de establecer un convenio cos concellos limítrofes para que os veciños e veciñas poidan usar outras infraestruturas deportivas. Por outra banda, anunciou a creación dunha liña de axudas para os deportistas destacados do municipio. Tamén apoiará ás nosas asociacións e clubs deportivos: Btt Carral, Unión Deportiva Carral, Club X.R.Carral, entre outras..