Friday 22 de November de 2024

O PP de Miño recibe a Román Rodriguez, Conselleiro de cultura, educación , formación profesional e universidades


Román Rodríguez visitou onte, acompañado de Begoña Yañez, candidata á alcaldía polo Partido Popular, e outros membros da candidatura, a parcela municipal, situada en Costa Miño e pensada para a construción do instituto de bacharelato e FP dual, que o PP recolle no seu programa electoral.

O obxectivo do Partido Popular de Miño é reorganizar os espazos do CPI Castro Baxoi, converténdoo nun CEIP e doutra banda, frear o éxodo dos mozos de Miño a outros municipios.

Begoña Yañez sinala que o aumento de poboación que experimentou nos últimos anos Miño esixe unha ampliación da oferta educativa.