Friday 22 de November de 2024

Alternativa establece como prioridade máxima en Bergondo a aprobación do Plan Xeral


No noso extenso programa de goberno, relaciónanse todas as actuacións que pretendemos ir desenvolvendo e executando nos próximos anos. Con todo, a execución de boa parte delas, precisarán das necesarias reservas de chan a través dun novo PXOM, así como os mecanismos de xestión para a obtención para uso público dos solos reservados.

Dispor de PXOM suporía para @s veciñ@s posibilidades como:

• Contar cos suficientes equipamentos comerciais, educativos, sanitarios, deportivos, asistenciais, administrativos, etc.
• Contar cun sistema de espazos libres que permitan garantir o lecer da poboación, así como a posta en valor dos espazos naturais e do importante patrimonio cultural existente no municipio.
• Revitalizar os núcleos rurais de poboación, a través da rehabilitación das vivendas tradicionais, a introdución de novos usos distintos e compatibles co residencial, (comerciais, recreativos, equipamentos, talleres artesanais, etc.)
• Consolidar os usos e as actividades das edificacións situadas en chan rústico e diversificar os usos e consolidar as ampliacións
permitidas nas edificacións tradicionais, conforme á vixente lei do solo de Galicia.

Alternativa dos Veciños sacará adiante o PXOM de Bergondo.
Nada que agardar dunha alcaldesa que non ten intención ningunha de aprobalo. Os continuos retrasos provocados por ela con relación a este asunto atentan contra os principios máis básicos da xestión do público. Sirva como exemplo que entre marzo de 2020 e marzo de 2022 negouse sistemáticamente a tocar o máis mínimo de algo tan importante para Bergondo.

Nada que agardar tampouco do señor que roubou as siglas do partido popular e se presenta con elas ás eleccións. É o principal interesado en que o plan non saia adiante. Por outra parte, o seu papel nesta campaña, atemorizando á poboación con que “viene el coco”, pasará á historia máis negra da ignominia política de Bergondo.