ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO, VICESECRETARIA TERRITORIAL DO PP DA CORUÑA, VISITOU O MONUMENTO NATURAL ACOMPAÑADA POR MEMBROS DA CANDIDATURA DO PARTIDO POPULAR
Durante a tarde de hoxe Ángeles Vázquez Mejuto visitou o monumento natural da Costa de Dexo para poñer en valor o novo instrumento de xestión posto en marcha pola Xunta de Galicia que permitirá facer un diagnóstico preciso do espazo natural e identificar os valores que é preciso protexer e establecer as medidas de corrección para garantir o seu mantemento nun estado de conservación favorable.
A vicesecretaria territorial do PP da Coruña, Ángeles Vázquez, foi acompañada na súa visita por membros da candidatura coa que o PP concorre ás eleccións de próximo domingo e, ao finalizar, manifestou que “en Oleiros temos cousas marabillosas, con todo, este é un espazo que aínda está por descubrir. Chegou ou momento de que ou faga alguén que teña sentimento. Sentimento pola sostenibilidade. Neste caso é o Partido Popular”. Ángeles Vázquez expresou o seu apoio e os mellores desexos á candidata, Loli Silva.
Pola súa banda, Loli Silva, manifesta que “desde o Partido Popular de Oleiros nostomamos moi en serio o medio ambiente e propuxémonos reducir as emisións de carbono, sendo conscientes das carencias derivadas do greenwashing practicado polo alcalde e da necesidade perentoria dunha procura real da sustentabilidade no noso concello.”