Friday 22 de November de 2024

Rueda resalta a contribución da hostalaría galega par consolidar a comunidade como destino turístico seguro e sostible


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe a contribución da hostalaría galega para consolidar Galicia como un destino turístico seguro e sostible, adaptado as novas demandas dos viaxeiros tras a pandemia. Durante a gala anual da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría da Coruña, o titular do Goberno galego destacou o papel dos establecementos de restauración como embaixadores e representantes da comunidade fóra de Galicia.

Rueda lembrou que o sector turístico galego volve bater cifras récord durante o primeiro trimestre de ano ao chegar aos 720.000 visitantes e superar o 1,3 millóns de noites, a cifra máis alta dos últimos quince anos. Nesta liña, destacou que a gastronomía é o segundo motivo -tras a natureza- para elixir Galicia como destino e subliñou que non sería posible sen o sector da hostalaría que se encarga de transformar os produtos da terra e o mar galegos en “experiencias que desfrutar cos cinco sentidos”.

Ademais, Rueda aproveitou esta gala -que non se celebraba desde o inicio da pandemia- para agradecer o esforzo, o traballo e a resiliencia amosada polo sector da hostalaría durante os últimos tres anos, marcados pola presenza do Covid-19.