A Fábrica albergará desde o mércores 24 de maio a mostra de pintura de María Fernanda Candal. A exposición titúlase Desde la ventana, inaugúrase o mércores ás 20:00 horas e permanecerá aberta ao público ata o 7 de xuño.
De luns a venres, o horario no que se pode visitar a exposición é de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30. Os sábados só estará aberto polo mañá, de 10:00 a 13:30.