• O martes 23 J. C. Monedero participa nun mitin de campaña para arroupar a Vidal
• BorjaSan Ramón, coordinador nacional de Podemos Galicia, estará presente en Ames
O martes 23 visitará o Concello de Ames Juan Carlos Monedero, uns dos fundadores de Podemos, para arroupar á candidata a alcaldía Vanessa Vidal. O fundador do partido morado intervirá nun mitin acompañado de Borja San Ramón, coordinador nacional de Podemos Galicia, Angélica Serantes, a número 3 da cadidatura de Podemos Ames e a candidata á alcaldía, Vanessa Vidal.
O encontro terá lugar no Pazo da Peregrina ás 20:00 horas onde os veciños e as veciñas poderán achegarse a escoitalas.
Candidatas de Podemos Ames
Vanessa Vidal, actual concelleira de transparencia, xestión patrimonial e inventario municipal, quere darlle continuidade á súa boa labor no Concello; un dos motivos para presentarse para gobernar Ames nestas eleccións 2023 coa convición de que Podemos é a forza necesaria para transformar o Concello de Ames.
A candidata é lincenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, membro do Círculo Podemos Ames desde hai oito anos e a ligazón do mesmo na áreade feminismos; participou en grupos de traballo dentro de Podemos Galicia e no Parlamento Galego.
Vanessa cre na importancia de reservar a proximidade da administración local coa cidadanía porque é a primeira porta de entrada ao estado de benestar e garantía de igualdade na prestación de servizos e da participación. Entre outras medidas clave, gustaríalle seguir levando a cabo os orzamento participativos en todas as parroquías do Concello poñendo o foco no rural e na mocidade.
Angelica Serantes é a máis nova da candidatura con 21 anos, destacando que podemos é un partido liderado por mulleres e por mulleres mozas.
Angélica é estudante do último curso do grao en de Ciencias Pólíticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela.
Serantes quere ser a parte que rexuveneza e dea unha nova visión que consiga mellorar a vida e as expectativas que todo o concello merece, e que mellor que co partido do cambio. Destaca a importancia de que a xente moza se implique en política para mudar o preestablecido.
A candidatura de Podemos Ames ten voz de muller. As dúas candidatas en conxunto ao resto do equipo están preparadas para conseguir un Ames máis feminista, transparente, participativo, ecoloxista e inclusivo.