· Está organizada pola Federación Galega de Balonmán, coa colaboración do Concello e o Club Balonmán Camariñas.
· A Praza do Mercado acollerá a estrutura instalada para a realización dos encontros, que se celebrarán o venres, sábado e domingo.
O Concello de Camariñas acollerá esta fin de semana a Fase Final de Balonmán na rúa 5×5 Deputación da Coruña, unha competición organizada pola Federación Galega de Balonmán, coa colaboración do Concello de Camariñas e o Club Balonmán Camariñas
Esta fase, que se celebrará na praza do Mercado, coroará aos gañadores ao longo destes 3 días de partidos. Os partidos celebraranse o venres pola tarde (de 17 a 20h), sábado (de 10 a 20h) e domingo (de 11 a 14h). Ademáis estará aberto a que calquera rapaz e rapaza poida formar un equipo e poder competir neste torneo.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destaca que “Camariñas é un dos lugares referentes do balonmán, na provincia e tamén en Galicia, e por iso acollemos este evento con grande expectación” e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, salienta que “seguimos apostando polo fomento de deporte en xeral e do balonmán en particular, sobre todo en categorías inferiores, para promover a educación en valores e hábitos de vida saudable”.