Friday 22 de November de 2024

Alternativa Sada cualifica de chapuza a ordenanza sobre a ORA de pago que o Goberno tránsfuga quere levar a pleno


A nova ordenanza que queren implantar, ás presas e correndo, é coma mercar pintura sen saber todavía de que cor queres pintar a casa.

O Goberno tránsfuga de Sada no seu circo mediático do “máis difícil todavía”, quere que os cidadáns de Sada paguen por aparcar durante todo o ano sen ter claro que prazas van a estar sometidas ao pago de zona azul, ORA, sen dispor de parkings disuasorios, sen distribuír antes as zonas verdes de residentes, carga e descarga, etc, e cunha ordenanza fiscal pendente. Un auténtico despropósito froito dunha desesperación electoral cada vez máis patente e notoria.

Alternativa dos Veciños Sada aposta por unha regulación dos aparcamentos paulatina dando prioridade ós parkings disuasorios con grande capacidade e gratuítos, despois as zonas verdes para residentes, ós parkings exprés, zonas de carga e descarga, prazas para a poboación con diversidade funcional, e, finalmente, ver se é precisa e necesaria unha zona ORA.