Celebrarase o próximo 31 de maio e está limitada a 25 persoas asistentes, con inscricións abertas a través do correo electrónico formacion.biosfera@marinasbetanzos.gal.
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo xa é de maneira formal Destino Turístico Starlight, e para conmemorar este feito propón unha xornada dedicada ás estrelas.
Celebrarase o próximo 31 de maio e está limitada a 25 persoas asistentes, con inscricións abertas a través do correo electrónico formacion.biosfera@marinasbetanzos.gal.
Dará comezo ás 20:00 horas co coloquio “A protección e desfrute do ceo nocturno” da man de Javier Ares, fundador e CEO de Polaris Menorca e quen fose presidente da Reserva de Biosfera de Menorca.
Traballou en Greenpeace International e creou Polaris Menorca coa idea de ser unha extensión da súa traxectoria vital, marcada pola exploración e a navegación, cun espírito baseado na sensibilización ambiental.
De 21:00 a 22:00 horas haberá unha degustación de produtos locais da Reserva de Biosfera, e de 22:00 a 23:00 horas haberá unha observación gastronómica con punto de encontro en Beche, Abegondo.