Saturday 16 de November de 2024

O BNG de Oleiros manterá un encontro aberto coa cidadanía ao redor do problema da mobilidade en Oleiros


A mobilidade  xa non é unha opción senón unha necesidade imperiosa

O BNG de Oleiros levará no seu programa electoral medidas claras para fomentar o uso do transporte público, a peonalidade e o carril bici

O venres 19 do presente mes ás 19 horas terá lugar na zona do Couto (Dorneda) un  encontro aberto coa cidadanía para abordar o complexo e particular problema da mobilidade en Oleiros. Abordaremos a súa directa conexión co módelo imperante de ordenación do territorio no Concello, coas infraestruras e co eivado e limitado transporte metropolitano.

Falaremos asemade do agochado e descoñecido Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS) aprobado polo Concello o pasado mes de setembro e da preocupante diágnose  que fai da mobilidade no noso territorio.