Aparte de prestar especial atención a todas as persoas creadoras actuais, poremos en valor as figuras doutr@s que destacaron ao longo da nosa historia. No eido literario organizaremos un programa de actos culturais co gallo do pasamento, cen anos atrás, de autores e pensadores como Xoán Vicente Viqueira, Florencio Vaamonde, Filomena Dato e Alejandro Pérez Lugín. Será o programa 24-25-26, xa que dos catro referidos se cumpre a efeméride mencionada do seu pasamento ao longo deses tres anos.