Decenas de persoas participaron no acto central de campaña de Alternativa dos Veciños en Sada. Interviron o número 9 da candidatura Toño López, o candidato á alcaldía de Sada Paris Joel e o presidente do partido Ángel García Seoane.
“A restauración do edificio da Terraza, a recuperación da praia para o baño, as inundacións, as graves deficiencias na piscina municipal, a paralización das demolicións de vivendas, o saneamento, a mellora e creación de redes de auga nas distintas parroquias, o novo centro de saúde… son asuntos de elevada transcendencia para o conxunto dos sadenses que non poden agardar máis tempo. A única solución pasa pola constitución dun Goberno progresista e estable a partir do 28 de maio, con capacidade de xestión para abordar todos estes asuntos”, dixo o candidato Paris Joel.