O Concello de Cariño elaborou unha completa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023, adicado a Francisco Fernández del Riego.
Mércores, 17 de maio: ‘Unha nova Galaxia’, de Trémola Teatro. Ás 12 horas no local social da casa do concello.
Xoves, 18 de maio: ‘Chimpo de ra’, con Raquel Queixas. Ás 12 horas no PAI.
Luns, 29 de maio: ‘A igualdade non ten truco’, con Magia en la Manga. Ás 16 horas no IES.
Mércores, 7 de xuño: ‘Feirantes’, de Teatro do Noroeste. Ás 17 horas, dentro dos obradoiros de Envellecemento Activo.