Saturday 23 de November de 2024

Edu Fernández afirma que Xunta e Concello abandonaron as familias con alugueiro protexido na Patiña


Acompañado por Julio Rodríguez e Borja San Ramon interesáronse pola situación actual dos residentes

Borja San Ramon, coordinador nacional PODEMOS Galicia, e Julio Rodríguez, ex-JEMAD e integrante da Executiva estatal de Podemos, acompañaron a Edu Fernández, candidato á alcaldía, nun percorrido por Cambre que finalizaron no edificio da Patiña, construído nos anos 90 a través dun convenio coa Xunta de Galicia destinado a alugar as vivendas en réxime de protección oficial a familias desfavorecidas, e xestionado na actualidade por Nevolido, empresa propiedade dos irmáns Pérez Patiño primos irmáns do alcalde de Cambre.

A pesar das afirmacións de Garcia Patiño no pleno extraordinario do 5 de novembro de 2018, seis meses antes das eleccions municipais de 2019, de que “o edificio da Patiña é de Protección Oficial ata 2027”, o certo é que a dia de hoxe os os alugueiros sociais de 200€ ou 300€ deixaron paso a otros no entorno dos 500€ o que motivou que a maioria dos 70 residentes de 2017 tiveran que abandoar os seus fogares ante a imposibilidade de asumir un incremento moi por encima do IPC que é o incremento que aplicase a vivenda de protección oficial en aluguer. “De esas 70 familias, coido que seguimos so 4” manifesta unha das residentes, unha pensionista a que acaban de subir o alugueiro 100€ coa renovación do contrato. Edu Fernandez afirma que “Xunta e Concello utilizaron aos residentes nas súas pelexas politicas, pero ningún dos dous busco unha solucion ás familias afectadas” e “que a nova lei da vivenda soluciona problemáticas similares aumentando o prazo de renovación de contratos e limitando a suba do alugueiro” lamentando que chegase tarde para a maioria dos residentes de A Patiña.