En opinión do Partido Popular de Oleiros, unha das consecuencias inherentes aos 44 anos no poder do actual alcalde é o clima hostil que percibe o cidadán cando acode ás dependencias municipais a realizar calquera xestión. É a concepción mal entendida do exercicio do poder municipal.
A candidata á alcaldía de Oleiros polo Partido Popular, Loli Silva, aclara que “temos que conseguir que calquera veciño senta libre e respectado á hora de acudir ao seu concello, por iso é importante modernizar a Oficina de Atención Cidadá e dotala dun código de boas prácticas, para que se converta no espazo común de todos os oleirenses. É necesario que desde o concello déixese de lado a propaganda ideolóxica e déase cabida á pluralidade e o respecto á liberdade de expresión de cada un.”