Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oleiros expedientará á Xunta de Galicia por contaminación do porto de Lorbé


A Xunta de Galicia iniciou as obras do acceso viario do porto de Lorbé pero non deixará soterrada a tubaxe para a rede de saneamento. Para eliminar os actuais vertidos que se producen no porto a Xunta debe construír un bombeo e crear unha rede para conectar coa depuradora que ten o Concello uns metros máis arriba.

“Estase facendo tarde, mal e arrastro o acceso de 200 metros de conexión do porto de Lorbé coa vía Ártabra. Nesa obra, tiña que estar previsto a rede de saneamento para as edificacións que hai na zona portuaria. O Concello de Oleiros estaba disposto a colaborar, pero a realidade é que por parte da Xunta non van facer nada de nada neste sentido. Polo tanto, teremos que abrirlle un expediente á Consellería por contaminación do porto de Lorbé”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.