• Os locais sociais de Mens e Barizo son as primeiras paradas na campaña electoral dos populares malpicáns.
• Eduardo Parga reivindicou no encontro de Mens que “Malpica merece un proxecto serio co que consolidar o bo traballo feito polo PP nos últimos anos”.
O presidente dos populares malpicáns Eduardo Parga botou a andar este luns a súa andadura de cara as eleccións do vindeiro 28 de maio cun encontro coa veciñanza de Mens.
O acto ateigou o local social da parroquia de veciños e veciñas para escoitar as propostas do Partido Popular e para compartir as súas suxerencias e ideas de mellora para o municipio.
Parga Veiga, defendeu ante a veciñanza de Mens “a necesidade de consolidar Malpica como un municipio á vangarda, dotándoa da estabilidade que se merece”. Tamén fixo fincapé na importancia de dotar de máis e mellores servizos no rural a través da implantación de proxectos de mellora nas estradas e nas redes de saneamento e abastecemento.
Barizo, As Pozacas e Leiloio, paradas desta semana
A segunda cita coa veciñanza malpicá terá lugar esta mesma tarde no local social de Barizo.
O xoves, 18 de maio será quenda para o local das Pozacas, e un día máis tarde, venres 19, o local de A Raxeira, en Loiloio, acollerá un novo mitin.