Friday 22 de November de 2024

A cualificación sanitaria das zonas de baño nos areais de Ortigueira é excelente


• Os areais da Concha, Bimbieiro, Morouzos e San Antonio recibiron a mellor cualificación posible correspondente ao ano 2022

A cualificación das zonas de baño nas praias de Ortigueira é excelente. Así o di o informe realizado correspondente á análise de xestión da súa calidade que todas as administracións están obrigadas a realizar anualmente.

No ano 2022 os datos din que as praias da Concha, Bimbieiro, Morouzos e San Antonio recibiron a mellor cualificación posible para as súas zonas de baño.

Este feito, sen dúbida redundará nun atractivo turístico para todos os visitantes na época estival, que poderán gozar dun baño nos areais ortigueireses nas mellores condicións.

Ortigueira é un dos principais atractivos turísticos na comarca de Ortegal, con quilómetros de praias que os turistas elixen cada ano para realizar as súas vacacións de verán.