O noso concello ten moitos atractivos propios que todo o que veña a Culleredo podería e debería desfrutar. Un dos encantos dos que este concello ten o pracer e deber de coidar e promocionar son as etapas do camiño de Santiago.
Dende A.V. propoñemos darlle máis cabida e peso ós pequenos negocios que se nutren dos peregrinos vidos de todo o mundo para facer de Culleredo outro anaco máis do noso precioso camiño galego. Como iniciativa de ese apoio este sábado día 20 ás 11 h a candidatura de AV percorrerá os km do camiño de Santiago o seu paso por Culleredo e deste éxito non so pretende poñelo en valor senón aproveitar e escoitar a todos os veciños que nos encontremos o seu paso.
Coñecido en máis de medio mundo, o noso camiño é unha das rutas máis importantes de peregrinación na Terra, onde camiñantes de todas partes dos mundo desfrutan cada ano. Culleredo, debido a súa situación, conta con varios tramos e pequenas etapas do mesmo que parecen estar bastante abandonadas e sen o apoio social e económico que precisan.