Friday 22 de November de 2024

Alternativa continuará rebaixando a débeda do PP no Concello de Carral


Alternativa dos Veciños pretende eliminar a débeda deixada polo Partido Popular para poder investir en máis obras e servizos para Carral. “Queremos que os cartos do pobo se gasten no pobo”, dixo o candidato Javier Gestal.

“Prometemos mellorar a situación financeira do Concello e o conseguimos. Cando entramos fixemos publico a lamentable situación económica. A situación empeorou, xa que tivemos que facer fronte á demanda dos terreos do IES de Carral, da débeda do Consorcio das Mariñas, o tema de Varinca, etc. Mais aínda así fomos quen de liquidar o 58% da débeda en catro anos. Gracias a isto o Concello de Carral xa pode afrontar obras e chamar á porta das entidades bancarias ca seguridade de que podemos afrontar as nosas obrigas”, dixo o candidato.

“Si saneamos as contas, pagamos as débedas, aumentamos as partidas e os servizos está claro que antes ou non se xestionaba ben ou non entendemos a onde foron os cartos”, comentou.