A Pobra do Caramiñal estrea nova cita deportiva relacionada co remo: a I Bandeira Traiñeiras Veteranos DEANshop. A regata terá lugar no 17 de maio, a partir das 11.30 horas, nas inmediacións do porto comercial. Así, un total de 11 embarcacións da categoría veterana, tanto da masculina coma da feminina, loitarán por acada-la súa respectiva bandeira.
Deseguido procederase coa regata de traiñeiriñas coa participación de 7 clubs nas modalidades xuvenil e absoluta. Unha vez finalizada esta proba, será a quenda da promoción cadete.
Organiza o Club Remo Puebla coa colaboración da Concellaría dos Deportes e a Protección Civil.