Friday 22 de November de 2024

O loitador de Touro Damián Iglesias Vilela, campión de España Absoluto de Loitas Olímpicas


O loitador de Touro Damián Iglesias Vilela acaba de proclamarse de novo Campeón Absoluto de España de Loitas Olímpicas con toda autoridade. Na final derrotou ao catalán Sarr Samba. O deportista da parroquia de Loxo, no Concello de Touro, competiu o pasado sábado na categoría de 85 kilos en San Javier (Murcia), onde se celebraron os Campionatos de España Sénior de Loitas Olímpicas.

Damián Iglesias Vilela representou ao Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces e á Selección Galega de Loita. Nos octavos de final da competición enfretouse ao catalán Endeladz Vakhtang, ao que derrotou 4-0. Damián Iglesias loitou contra o canario Hernández en semifinais. Venceu 5-0 o loitador galego, que na final enfrentouse a Sarr Samba, da Federación Catalana. Damián Iglesias, nun brillante combate, derrotouno por un contundente resultado de 5-0.

O Concello de Touro felicita a Damián Iglesias Vilela, un deportista de élite natural da parroquia de Loxo, no Concello de Touro. “O noso loitador de Loxo é un orgullo para o Concello de Touro e para toda a súa veciñanza”, asegura Ignacio Codesido, alcalde do Concello.