• O proxecto estivo metido nun caixón polo actual goberno local “a pesar de ser un servizo fundamental para os maiores do municipio“
• Fernández Mouriño asegurou que é o momento de cambiar as cousas e de recuperar o tempo perdido nun “concello que estivo estes catro anos gobernado desde Oleiros baixo un executivo sen ideas propias”
José Luis Fernández Mouriño asegurou hoxe que recuperará o proxecto do Centro de Día para Carral, un servizo necesario para “os nosos maiores que rexeitou o actual goberno local de Alternativa”. “Este proxecto é parte fundamental do noso programa electoral, e un servizo que temos que darlle aos nosos maiores e familias de Carral”, apuntou.
O proxecto contemplaba a reforma do antigo colexio Víctor Velasco, que o actual equipo de goberno o destinou directamente a unha familia para un proxecto audiovisual que dista moito de ser un servizo público. O centro ofrecería terapias de rehabilitación funcional, terapia ocupacional e estimulación cognitiva cunha instalación que cumpra cos requisitos e a normativa marcada pola Xunta. Serviría polo tanto para atender tanto persoas con dependencia como a aquelas con autonomía. Esta nova instalación servirá para atender tamén a persoas que se medican ou que requiren dalgún coidado especial.
Ademais podería acoller talleres de memoria ou accións culturais organizaranse “de forma complementaria”, pero non serán o único fin da nova instalación. Fernández Mouriño asegura que é o momento de cambiar as cousas e de recuperar o tempo perdido nun “concello que estivo estes catro anos gobernado desde Oleiros sen ideas propias”.
Criticou a perda de servizos dos veciños e veciñas de Carral como a Biblioteca Infantil, locais sociais e subvencións millonarias pola falta de aptitude do goberno do actual alcalde, Javier Gestal, “que durante catro anos levou ao concello de Carral a unha total parálise administrativa”, apuntou.