Este martes 16 de maio, ás 20:00 horas no local social A Rúa (Miño), Begoña Yañez fará o seu mitin de campaña. Estará acompañada pola Conselleira de promoción de emprego e igualdade, Maria Jesús Lorenzana.
Begoña Yañez afronta este mitin como unha oportunidade para dar a coñecer o seu programa de goberno, segura de que é o programa que os veciños demandan, realista en todos os seus proxectos, sen promesas baleiras.
Chegou o verdadeiro momento dun cambio no goberno de Miño cun equipo responsable, co obxectivo de mellorar Miño, traballando por todos e cada un dos veciños do municipio, sen buscar escusas senón solucións.