A proba, organizada por ENKI e Fundación ADCAI coa colaboración do Concello, busca visibilizar a inclusión a través do deporte
Máis de 2.700 persoas participaron esta mañá na segunda edición da carreira RUNKI, unha proba organizada por ENKI e a Fundación ADCAI en colaboración co Concello que busca visibilizar a inclusión a través do deporte. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, foi a encargada de dar a saída e tamén tomou parte na entrega de trofeos posterior á carreira.
A proba desenvolveuse polo paseo marítimo, tendo como punto de saída a explanada do Pazo dos Deportes de Riazor e, de chegada, a praza de María Pita. Ademais do percorrido de sete quilómetros, tamén houbo outro de dous. As persoas participantes, a maioría disfrazadas de superheroes, fixeron a carreira a diferentes ritmos e sen a presión dunha proba competitiva. Ao longo do percorrido houbo animación con música.
Listaxe de premiadas e premiados:
Mellor disfraz individual: Dente de Ortodix.
Mellor disfraz conxunto: Cubos de Rubik.
Equipo mixto máis rápido: Estrellas Galicia.
1ª clasificada adaptada feminina: Silvia Roldán.
1º clasificado adaptada masculino: Víctor García.
1º absoluto masculino: Jorge Cortés.
1ª absoluta feminina: Begoña González.