Alternativa dos Veciños comprométese co pobo de Carral a reforzar de novo o departamento de Servizos Sociais, coa contratación ducha técnico e dunha auxiliar administrativa para acelerar todas as solicitudes, que medran en número debido á necesidades familiares.
Tras case dúas décadas gobernando o Partido Popular non foi capaz de regularizar o Servizo de Axuda do Fogar (SAF). No primeiro ano de mandato, Alternativa dos Veciños regularizarou o servizo para os usuarios e o persoal. “Só había que ter predisposición e ganas de traballar. Cada vez hai máis demanda deste servizo, e somos conscientes da situación, por iso pasamos de inverter case 592.000 euros no ano 2019 a case 922 mil euros na actualidade”, dixo candidato e actual alcade Javier Gestal.