Alternativa dos Veciños continuará a campaña electoral celebrando este vindeiro venres 19 de maio unha nova cea fría para presentar a candidatura e o programa electoral co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 maio. Será en Santa Cruz, na praza Esther Pita, ás 21:00 horas, e desenvolverase baixo unha carpa.
Coma sempre, o acto será aberto a todos os veciños e veciñas en informarse e coñecer as propostas de Alternativa para revalidar a maioría absoluta e gobernar Oleiros a próxima lexislatura. Para facilitar a súa asistencia aos veciños e veciñas de Montrove, haberá un autobús gratuíto con saída ás 20:30 horas da Casa do pobo e regreso unha vez finalice o acto.