Thursday 21 de November de 2024

Alternativa pide o voto aos arteixáns para garantir a renovación e a transparencia no Concello


Decenas de persoas participaron no acto central de campaña de Alternativa dos Veciños en Arteixo. Interviu o número 2 da candidatura Juan Francisco Martínez, a candidata á alcaldía de Arteixo Noelia Martínez e o presidente do partido Ángel García Seoane.

“Somos xente honrada e comprometida co local e estou segura que non vos defraudaremos. Queremos dotar a Arteixo dun Plan Xeral urbanística, dunha oferta cultural e de ocio ampla, de maior transparencia… Se credes que chegou o momento de que se teña en conta a vosa opinión e se pense no progreso, votade a Alternativa dos Veciños como garante de renovación”, dixo a candidata Noelia Martínez.