Saturday 16 de November de 2024

Alternativa continuará o proceso de desprivatización da costa de Oleiros


A próxima lexislatura será posible desprazarse camiñando desde o fondo da ría ata o porto de Lorbé.

Litoral de Dorneda
Lograr un sendeiro litoral por toda a costa de Oleiros é unha antiga aspiración a piques de verse realizada. O segmento entre Canide e Naval, que abrangue case toda a parroquia de Dorneda, será público para conectarse, a través de Santa Cruz, con Trece Rosas e Bastiagueiro, e a través de Canide con Mera e o Monumento Natural.

Parque do Seixo
Aproveitando os áridos extraídos do dragado interior da ría nacerá un novo espazo litoral que une a suave costa interior co litoral do veciño municipio de Cambre e este, a través da ponte medieval do Temple, co de Culleredo, cosendo así toda a franxa costeira.