Crearemos unha nova Casa de Mocidade en Guísamo (no antiguo edificio da “Hermandad”. Xunto coa de San Cidre formarán unha rede de espazos adicados en exclusiva á xente moza de Bergondo. Artellaremos unha variada gama de actividades deseñada por expertos e enfocada ao cento por cento á mocidade, fuxindo deses paternalismos que tanto detestades @s moz@s, @s de Bergondo e @s de todo o mundo.