O Executivo galego considera que este acto de terrorismo é froito da senrazón e da barbarie máis cruel que pode atentar contra os principios democráticos dunha nación emblema de convivencia e da defensa dos dereitos e liberdades das persoas
A Xunta de Galicia, a través do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, quere expresar a súa máis firme condena aos atentados rexistrados onte en París e transmitir, en nome do conxunto dos galegos, o seu pesar e solidariedade aos familiares das vítimas e a todo o pobo francés.
O Executivo galego considera que este acto de terrorismo é froito da senrazón e da barbarie máis cruel que pode atentar contra os principios democráticos dunha nación que hoxe en día é emblema de convivencia e da defensa dos dereitos e liberdades das persoas.
A Xunta traslada ao conxunto dos franceses todo o seu afecto e apoio, e confía en que a lei e o Estado de dereito se impoñan e poñan fin a este fanatismo criminal.